Comarcas Vigo al minuto

O Concello de Salceda apoia o tecido asociativo con máis de 126.000 euros

«É esencial no benestar comunitario», asegura a alcaldesa, Verónica Tourón

O Concello de Salceda apoia o tecido asociativo con máis de 126.000 euros

«É esencial no benestar comunitario», asegura a alcaldesa, Verónica Tourón

O Concello de Salceda de Caselas asinou os convenios de colaboración coas asociacións co que percibirán 126.751,40€ que servirán para axudar aos colectivos a sufragar os seus gastos de funcionamento e actividades.

A sinatura celebrouse no Auditorio Municipal e contou coa presenza da alcaldesa Verónica Tourón, a tenente de alcaldesa Loli Castiñeira e o concelleiro de Cultura e Asociacionismo Álex Rodríguez.

Cultura, deporte, educación ou ecoloxismo

Nos máis de 126.000 euros que se destinan, asináronse convenios cos centros culturais (900 €), os coros (700 €), as asociacións de veciños (400 €), os entroidos do Castro Barreiro e da Feira (1.600 €), a Asociación de Amigos e Amigas da Música de Salceda (22.000 €), o CEP Altamira (1.200 €), o IES Pedras Rubias (2.400 €) e a Asociación de Xubilados e Xubiladas e Pensionistas (3.000 €).  No eido deportivo, 22.551,40 € son para as Escolas Deportivas, 18.000 € para o Caselas C. F., 4.550 € para os Clubes de Balonmán e Baloncesto e 400 € para o Club Ciclista Aragonta.

Tamén reciben axudas por segundo ano a Escola de Fútbol Dénis Suárez e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias (AFAGA) con 15.000€, A asociación de Persoas Voluntarias de Protección Civil con 1.500€, a Asociación de Comerciantes e Industriais e a Asociación Cultural, Deportiva e Ecoloxista TrezeCatorze con 900€ e a Asociación de Mulleres Rurais Caselas 400,00€.

Escola deportiva e banda de música

As subvencións de maior importe son as que reciben a Asociación de Amigos e Amigas da Música, que engloba a Escola de Música de Salceda así como a Banda de Música, movendo en total máis de 400 persoas de tódalas idades, e as Escolas Deportivas, con cerca de 500 participantes.

Considérase tamén fundamental o apoio ás actividades dos centros escolares públicos, que a pesares de non estar dentro das competencias dos Concellos reciben tamén unha aportación municipal.

Aposta polo tecido asociativo

Os convenios supoñen un importante esforzo financeiro, mais o Concello considera estratéxico continuar apostando polo tecido asociativo, que tanto dinamismo ofrece durante todo o ano, tanto na vila como nas parroquias. Este ano ademais, é un ano moi importante, xa que as asociacións retornaron ás súas actividades habituais logo do parón obrigado pola pandemia da COVID 19.

O concello colabora ademais durante todo o ano coas diferentes asociacións con préstamo de material, cartelería, doazóns para os centros culturais, asesoramento e información nos trámites con outras administracións, etc.

Para a alcaldesa, Verónica Tourón, «estes convenios de colaboración permitirán axudar ao noso tecido asociativo local, cubrindo as súas demandas máis esenciais e suporán un apoio importante para as asociacións como ferramentas de participación social e mellora do noso benestar comunitario”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.