Destacados Vigo al minuto

Un total de 16 empresas optan á realización da urbanización de San Paio de Navia

Os traballos foran licitados o 22 de xullo por 14,3 millóns de euros

Un total de 16 empresas optan á realización da urbanización de San Paio de Navia

Os traballos foran licitados o 22 de xullo por 14,3 millóns de euros

A Xunta recibiu un total de 16 ofertas para a execución das obras de urbanización do polígono 1 da ampliación de San Paio de Navia.

Esta obra foi licitada o pasado 22 de xullo, por un importe de 14,3 millóns de euros e un prazo máximo de execución de 29 meses. A mesma permitirá urbanizar a primeira fase da ampliación de San Paio de Navia, que abrangue case 100.000 metros cadrados e representa máis dun terzo da superficie de todo o ámbito.

De abastecemento a zonas verdes pasando por un carril bici

Realizaranse traballos de pavimentación, sinalización de vías e instalación de semáforos, accesibilidade, xardinería —con 9.600 m 2 de zonas verdes e 222 árbores—, equipamento urbano —incluídas dúas áreas de xogo e unha de exercicio adaptadas para persoas con diversidade funcional e integradas paisaxisticamente coa contorna—, e a construción das redes de abastecemento, saneamento, enerxía eléctrica, iluminación, gas e telecomunicacións.

Así mesmo, tamén se acometerá a construción de 1,18 quilómetros do carril bici proxectado en San Paio de Navia, o que supón máis da metade da lonxitude total prevista para esta infraestrutura —2,2 quilómetros—.

773 vivendas protexidas

Nesta primeira fase están proxectadas un total de 733 vivendas protexidas, das 1.600 previstas en toda a ampliación, cuxas obras se poderán ir acompasando ás actuacións de urbanización. Non obstante, indican dende a Xunta “a urbanización e as obras de construción non se poderán adxudicar ata que o Concello de Vigo aprobe definitivamente o proxecto de urbanización do polígono 1“.

Os tres polígonos que compoñen a ampliación do solo residencial de San Paio de Navia abrangue unha superficie total de 265.000 metros cadrados no que se prevé realizar un investimento público-privado de 250 millóns de euros co fin de habilitar un total de 1.600 novas vivendas protexida, das cales 207 serán de promoción pública; 331 serán levantados por cooperativas e promotores; e 195 corresponden ás permutas de solo.

Vivendas de promoción pública

O polígono 1 de San Paio de Navia acollerá 733 vivendas protexidas, das que 207 serán vivendas de promoción pública construídas directamente polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

O IGVS xa licitou os contratos para a redacción dos proxectos de construción das 207 vivendas de promoción pública en 6 bloques de 40, 39, 42, 50, 18 e 18 vivendas, respectivamente.

Nos polígono 2 e 3 da ampliación tamén se construirán novas vivendas de promoción pública, cuxo número determinarase conforme avancen as obras de urbanización.

También te puede interesar