Cultura Vigo al minuto

Xa podes inscribirte na ‘Escola de Letras’ da Deputación

Dende este luns, para o taller de Elvira Ribeiro

Dende este luns, para o taller de Elvira Ribeiro

A terceira edición da Escola de Letras porá o broche de ouro aos seus talleres cun obradoiro de poesía a cargo da escritora de literatura adulta e infantil Elvira Ribeiro, que levará por título “Onde nace o poema”. O taller terá lugar os días 18 e 25 de outubro de xeito presencial no Edificio Administrativo da Deputación de 18.00 a 20.00 horas.

As persoas que desexen formar parte del poderán realizar as súas inscricións a partir deste luns 12 de setembro, co envío dun correo electrónico a partir das 08.00 horas ao enderezo [email protected].

Diego Giraldez e Anna Figueiredo

Ademais, tralo parón estival, a Escola retoma este mes a súa actividade con dous obradoiros literarios para os que as prazas xa están esgotadas e cunha ampla lista de agarda. Será o taller da man de Diego Giráldez que comezará o día 13 e que se celebrará na sede da Deputación en Vigo, en horario de 18.00 a 20.00 horas. O impartido por Anna Figueiredo, “Escribir, xéneros, técnicas, temáticas”, desenvolverase no Edificio Administrativo da Deputación en Pontevedra a partir do día 19, de 19.00 a 21.00 horas.

Editorial Galaxia

A Escola de Letras da Deputación e a Editorial Galaxia, baixo a dirección de Francisco Castro, é pioneira en Galicia e unha das escasas a nivel estatal.

A iniciativa arrancou no ano 2020 co obxectivo de fomentar o talento na provincia e xerar un espazo de encontro entre autoras e autores consagrados e persoas amantes da literatura galega, a través dun abano de obradoiros que abarcan a novela, o relato ou a poesía, para todos os públicos.

Neste 2022 están a ofertarse un total de seis obradoiros da man de Inma López Silva, García Teijeiro, Diego Giráldez, Anna R. Figueiredo e Elvira Ribeiro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.