Galicia Vigo al minuto

Unha vertedura de augas non depuradas, pode ser a orixe da elevada presenza de bacterias fecais en Samil

O BNG urxe ao Concello que o investigue

Unha vertedura de augas non depuradas, pode ser a orixe da elevada presenza de bacterias fecais en Samil

O BNG urxe ao Concello que o investigue

Os primeiros indicios apuntan a unha vertedura de augas non depuradas como causa da elevada presenza de de bacterias fecais en Smil, á altura da Argazada, que desaconsellaron o baño na praia.

Á vista deste feito, o Bloque Nacionalista Galego de Vigo urxe investigar esta situación e, este mesmo luns, o seu concelleiro na cidade solicitou o acceso ao expediente íntegro para coñecer en detalle a situación que levou a desaconcellar este pasado sábado o baño neste tramo e pide á concellería de Medio Ambiente a actuar con «dilixencia» para aclarar a causa da contaminación.

Xabier P. Igrexas, cualificou a situación de «alarmante» pola elevada presenza de bacterias fecais como a Enterococco intestinal e Escherichia coli, segundo revelaron as análises da Dirección Xeral de Saúde Pública, así como de «insólita» pola localización das mesmas, na zona central da Praia de Samil.

Máis frecuentes na desembocadura do Lagares

«Este tipo de presenzas bacteriolóxicas teñen sido máis frecuentes nas inmediacións da desembocadura do Lagares, por algunha parada ou problema na Estación Depuradora de Aguas Residuales (EDAR), mais neste tramo xa tan avanzado se deberon historicamente a verteduras directas de augas sen depurar, nalgúns casos con orixe no antigo hotel Samil», explicou o Igrexas

O concelleiro do BNG, ademáis de investigación e a sunción de responsabilidades, reclamou monitorizar e exercer un «control máis exhaustivo» que evite a presenza de verteduras incontroladas e augas sen depurar ou contaminadas no litoral vigués.

También te puede interesar