Galicia Sucesos

Un morto e 69 feridos nas estradas galegas a fin de semana

O día de máis accidentes foi o domingo, con 26

Muere otro trabajador en Vigo, tras recibir un golpe cuando estaba en una obra en Viña Grande

O día de máis accidentes foi o domingo, con 26

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 70 persoas debido a 60 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres e as 12 menos un minuto da noite do pasado domingo, 11 de setembro.

A Central de Coordinación recibiu nestes días 66 chamadas en relación cos accidentes de tráfico e os recursos sanitarios mobilizados foron 68.

Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 7 accidentes; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 56 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en 5 accidentes.

En 58 casos trasladouse aos feridos a centros sanitarios; en 11 atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

También te puede interesar