Comarcas Vigo al minuto

Catro detidos a pasada fin de semana no Porriño

Acusados de roubo e furto

Localizan en Porriño a un niño de 2 años, con hipotermia, junto a su padre ébrio

Acusados de roubo e furto

A Policía Local do Porriño detivo a catro persoas e pasada fin de semana, segundo informan os responsables de prensa do Concello.

Sábado

A primeira actuación policial desenvolveuse na noite do sábado 10 de setembro. Ás 05:25 h unha patrulla da Garda Civil solicitaba a colaboración dos axentes tras saltar a alarma de roubo nun céntrico establecemento da vila.

Imaxes das cámaras de seguridade

Unha vez no lugar, compobaron as imaxes dos presuntos autores dos feitos nas cámaras de seguridade. Nelas distinguíase claramente a tres mozos dunhas características moi concretas, dos que ademais se tiña constancia de que intentaran abrir vehículos estacionados na vía pública en outra ocasión.

Escondidos

Tras montar un dispositivo conxunto coa Garda Civil de vixilancia estreita no centro urbano, localizaron a un dos mozos nas proximidades do pavillón municipal e, minutos máis tarde, a outros dous escondidos baixo dous turismos.

Por todo isto, procederon á detención destas tres persoas por un presunto delito de Roubo con forza nas cousas, cuxas penas oscilan entre 1 e 3 anos de prisión.

Domingo

A segunda intervención tivo lugar o domingo pola tarde nun dos Polígonos Residenciais de Torneiros. Unha persoa foi detida pola presunta comisión dun Delito de furto, tras substraer a un veciño pertenzas por valor de 1.050 euros.

A vítima, denunciou que se olvidara nas escaleiras da súa vivenda un ordenador portátil e unha cazadora e que ao ir buscalo non estaba. O home viu sair a unha persoa cargada con bolsas cara un vehículo e, tras preguntarlle, este negou ter algo que ver co roubo, polo que alertou á policía. Tras personarse no lugar localizaron no interior dun turismo o material roubado.

También te puede interesar