Cultura Vigo al minuto

Dende hoxe, festa veciñal de Teis na ETEA

Comeza con cinema ao aire libre

Dende hoxe, festa veciñal de Teis na ETEA

Comeza con cinema ao aire libre

A Asociación Veciñal de Teis, retoma, logo de dous anos sen poder celebrala, a ‘Teis Fest’, na praza da ETEA, este venres,  9 e o sábado, día 10 de setembro.

“É o quinto ano no que realizamos a festa co obxectivo de darlle uso e por en valor os terreos da antiga ETEA, aos que durante moitos anos, até o 2002, tivemos prohibido o acceso”.

Actividades

A festa veciñal terá un amplo programa  de actividades  ao longo da xornada do sábado, que inclúe un xantar veciñal, música, cinema ao aire libre ou mercado de artesanía, bar.

Este ano como novidade son dous días actividades que comezan hoxe ás 21:30 horas con cinema ao aire libre coa proxección do filme familiar ” Volando Juntos”. Para participar no xantar veciñal do sábado 10, hai que anotarse previamente no local da Asociación, con data limite este venres 9.  

 VENRES 9 DE SETEMBRO

  • 21:30 h. Cinema ao aire libre. Filme ” Volando Juntos”

 SÁBADO 10 DE SETEMBRO

  • 12:30 horas. Grupo folclórico Anaquiños de Chapela.
  • 14:00 horas. Xantar veciñal.
  • 18:00 horas.  ” O Faro da Guía.”
  • 20:00 horas. Dúo guitarra ” El Trío de Jack”.
  • 21:00 horas  Grupo Two Many Villains.
  • 23:00 horas. Grupo Folk  ” Os Carunchos. “
  • 24:00 horas. Grupo tributo.

También te puede interesar