Galicia Vigo al minuto

A cuarta vacinación da COVID comezará antes de finais deste mes

Ainda non se sabe se nos centros de saúde ou en ‘vacinódromos’

Ainda non se sabe se nos centros de saúde ou en ‘vacinódromos’

O presidente do Goberno galego adiantou que a Sanidade de Galicia está preparada para empezar «inmediatamente» coa vacina da cuarta dose contra a Covid, en todo caso, «como moi tarde, a finais deste mes», logo de que o Comisión de Saúde Pública sinale a data de comezo.

Esa data, como informou o Ministerio de Sanidade, é o día 26 deste mes, e a vacinación comezará por persoas ingresadas en residencias e maiores de 80 anos, como os grupos de maior risco. despois de que o Goberno central determine a data de comezo.

Non será obrigatoria

Preguntado sobre si a Xunta prevé facer obrigatoria a vacina, o presidente Rueda sinalou que «non está na planificación» do Goberno galego, que sí ten coma obxectivo «facela máis accesible».

Coincidirá co novo calendario vacinal dos nenos

Como informou vigoalminuto,  o 15 de setembro iniciarase o novo Calendario Vacinal, aprobado polo Consello da Xunta. Este calendario incorpora as novas vacinas contra o virus do papiloma humano, a meninxite B e a gripe aos nenos e nenas.

O mesmo día 15 comezará a administración da vacina do virus do papiloma humano aos nenos de 12 anos; desde o 1 de novembro administrarase a vacina contra a meninxite B con dúas doses aos 2 e 4 meses, máis unha terceira de recordo ao alcanzar os 12 meses. A vacina antigripal programarase durante o mes de outubro.



Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.