Galicia Vigo al minuto

Ana Miranda toma posesión como eurodeputada

Asegura que o BNG chega á Eurocámara para “defender ao Pobo Galego”

Ana Miranda toma posesión como eurodeputada

Asegura que o BNG chega á Eurocámara para “defender ao Pobo Galego”

Acadar que Galiza teña voz propia nas institucións europeas é un dos obxectivos prioritarios do escano do BNG no Parlamento Europeo, segundo subliñaron a eurodeputada entrante, Ana Miranda, e a portavoz nacional do
Bloque, Ana Pontón, nunha comparecencia conxunta en Bruxelas para explicar as principais liñas de traballo do BNG na Eurocámara.

“Defender a voz do Pobo Galego”

Nós non vimos a defender os “lobbys” empresariais, senón a dar voz o Pobo Galego”, salientou Ana Miranda.
“Ábrese unha nova etapa, na que o BNG recupera o escano para Galiza, no que temos máis poder político e máis poder para decidir en cuestións moi importantes para o noso país e os seus sectores produtivos”, explicou a eurodeputada do BNG, quen neste sentido salientou a importancia de traballar desde a titularidade na Comisión de Pesca e na Comisión de Peticións, “nas que trataremos temas de gran calado para a economía do noso país e tamén na busca da verdade e a xustiza para as vítimas do Alvia.

Bruselas, Bélgica.- 6 SEP 2022- Ana Pontón e ANA MIRANDA presentación no Parlamento Europeo como nova Eurodiputada. Photo Delmi Alvarez

Capacidade de decidir

Ana Miranda explicou que ese aumento do poder político e da capacidade de decidir, – avalado polo considerable aumento dos votos do BNG nas eleccións europeas de 2019, ao pasar dos 80.000 votos en 2014 a 174.000 no 2019-, desenvolverase tamén a través do traballo na Comisión de Política Rexional, fundamental porque nela se
debate o marco financeiro plurinacional e os fondos Next Generation.

“Faremos un control exhaustivo do uso destes cartos, porque temos indicios de que non sempre chegan onde deberían”, indicou.

A subComisión de Dereitos Humanos será outra das pezas deste mosaico no que o BNG artellará o seu traballo. Por outro lado, o Bloque manterá a súa ollada internacionalista coa participación nas delegacións de Eurolat, Comunidade Andina, Chile, Palestina e Turquía, e por suposto na defensa dos irmáns do Sáhara Occidental e do Kurdistán.

Bruselas, Bélgica.- 6 SEP 2022- Ana Pontón e ANA MIRANDA presentación no Parlamento Europeo como nova Eurodiputada. Photo Delmi Alvarez

Resposta á crise

“Estamos ante o reto de dar resposta a grave crise económica que está provocando o desmesurado aumento dos prezos e da inflación, así como dun belicismo sen alma nin corazón”, avanzou Ana Miranda, quen engadiu que o escano será máis social, feminista, e ecoloxista que nunca, no que nos comprometemos a traballar sen pausa para que Galiza sexa escoitada, porque sabemos que ningún goberno o fai, como acabamos de ver co Corredor Atlántico”.

También te puede interesar