Deportes Vigo al minuto

O tomiñés Manuel Ochoa fai historia ao acadar prata na Copa do Mundo de Slálom Extremo

A pasada fin de semana

A pasada fin de semana

Medalla histórica para o palista tomiñés Manuel Ochoa. O teixugo acadou a prata na modalidade de Slálom Extreno na 2022 ICF Canoe Slalom World Cup Final, última competición internacional da tempada que se disputou a pasada fin de semana nas augas do Parc Olimpic do Segre, na Seu D’Urgel.

Modalidade que será olímpica en París 2024

Na contrarreloxo do sábado o tomiñés fixo o mellor tempo de todos e meteuse nas probas clasificatorias, superando tamén os enfrontamentos a catro e clasificándose para cuartos de final.

Xa na tarde do domingo, amosando un dominio total da situación, gañou con vantaxe cuartos de finais e entrou segundo nas semifinais.

No enfrontamento final o checo Heger Vojtech entrou primeiro e, detrás del, case ao tempo, Ochoa e o francés Theo Desvignes. Unha chegada tan igualada que os xuíces tiveron que acudir ao vídeo oficial para determinar cal dos dous entrara primeiro. O resultado final confirma a Manuel Ochoa como un dos mellores especialistas do mundo nesta nova modalidade que se estreará como olímpica en París 2024.

K1 en slálom

O palista participou tamén na modalidade de K1 en slálom, na que, a pesar de entrar directo en semifinais co oitavo posto, non conseguiu estar entre os dez mellores que se disputaron a final. Rematou na vixésimo primeira posición.

Ochoa formaba parte do equipo español da competición, integrado polo tamén teixugo Luís Fernández, que participou en C1. Tras acadar o pase directo a semifinais, nesta parte da competición fixo un espectacular e rapidísimo percorrido, pero dúas penalizacións por toques deixárono fóra e rematou a copa décimo noveno.

Ainhoa Lameiro

Destacou tamén a participación doutra galega, Ainhoa Lameiro, do Club Penedo Te Importa de Tui, que conseguiu meterse nas finais de C1, rematando nunha máis que destacable sétima posición.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.