Cultura Vigo al minuto

Gisela trae a ‘maxia de Disney’ ás ‘Festas do Cristo’ do Porriño

O sábado 24 de setembro

Gisela trae a 'maxia de Disney' ás 'Festas do Cristo' do Porriño

O sábado 24 de setembro

Gisela, a voz de Disney, súmase á celebración das Festas do Cristo 2022. O Porriño disfrutará do seu espectáculo “Concert Kids” o sábado 24 de setembro na rúa Domingo Bueno ás 21 h.

Neste espectáculo musical para toda a familia Gisela transformarase nunha fada de voz anxelical e realizará xunto ao público unha viaxe máxica a través das cancións infantís máis coñecidas. Un percorrido musical con paradas en temas como “Colores en el viento”, “Sueña”, “Bella y Bestia” ou “Aquella estrella de allá” ilusionarán aos máis pequenos e farán revivir momento máxicos da súa infancia aos máis maiores.

A voz oficial de Disney en España

A compañía cinematográfica Disney seleccionou a Gisela entre todos os seus compañeiros de OT para interpretar o tema “Aquella estrella de allá”, da película “Peter Pan”. Dende entón, ela e Disney tiveron unha unión moi especial e a día de hoxe a cantante é coñecida por ser a voz oficial de Disney en España, o que a levou a interpretar as cancións máis coñecidas de películas como “Bella y Bestia”, “Peter Pan” ou “Frozen 2”.

También te puede interesar