Galicia Sucesos

69 feridos en 50 accidentes de tráfico ocorridos a fin de semana en Galicia

O domingo foi o día que rexistrou máis sinistros: 20

69 feridos en 50 accidentes de tráfico ocorridos a fin de semana en Galicia

O domingo foi o día que rexistrou máis sinistros: 20

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 69 persoas debido a 50 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 15,00 horas do venres, 2 e as 12 menos un minuto da noite do domingo, 4 de setembro.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 63.

Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 7 accidentes, o helicóptero medicalizado mobilizouse nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 49 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en 6 accidentes.

En 60 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en  9 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar