Comarcas Vigo al minuto

Nigrán abre a inscrición de cursos destinados a mulleres desempregadas

Dense este xoves, 1 de setembro

Nigrán abre a inscrición de cursos destinados a mulleres desempregadas

Dende este xoves, 1 de setembro

O Concello de Nigrán a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) desenvolverá o Programa FORMA-T destinado prioritariamente a mulleres empadroadas en situación de desemprego.

Este programa inclúe as seguintes acción formativas:

Xestión de almacén e manexo de carretilla elevadora con 138:00 horas de duración. Inclúe prácticas non laborais en empresas do sector. Data de inicio: 19/09/22

Mobilización e cambios posturais de persoas dependentes con 20:00 horas de duración. Data de inicio: 26/09/22

Necesidades educativas especiais a través do ocio con 25:00 horas de duración. Data de inicio: 03/10/22

Administración electrónica con 15:00 horas de duración. Data de inicio: 04/10/22

Iniciación á informática con 20:00 horas de duración. Data de inicio: 17/10/22.

Aberta a inscrición

O prazo de inscrición comenza hoxe, 1 de setembro, e rematará 10 días antes do inicio de cada un dos cursos.

Lugar de inscrición: as mulleres interesadas deberán presentar o formulario de inscrición no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica, acompañada da documentación pertinente.

Para mais información poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres no teléfono 986383081 ou no correo electrónico: [email protected] 

También te puede interesar