As obras abranguen a mellora da mobilidade peonil e seguridade viaria
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado polo concelleiro de Vías e Obras, comprobou o resultado das obras de acondicionamento do acceso a Torneiros dende a PO-331, finalizadas esta mesma semana.
Novas beirarrúas
A actuación, que supuxo un investimento de 142.000 euros, continuou coa humanización e construción de beirarrúas do vial, para mellorar a mobilidade peonil e a seguridade vial dende o cruce da estrada provincial ata a entrada de Lonza, aprobada no 2021.
Pavimentación e dotación ás vivendas
Os traballos incluíron a mellora da pavimentación e a dotación ás vivendas dos servizos necesarios, incluíndo melloras nas redes de pluviais e saneamento e tamén no alumbrado. Ademais, acondicionouse o lavadoiro da Relva.
Durante a visita á zona, Lorenzo reiterou que a mellora do viais segue a ser “un dos obxectivos prioritarios da acción de goberno”. Así, engadiu, “neste momento temos proxectos preparados para executar pendentes só das pertinentes autorizacións por valor de 1.300.000 euros”, concluíu o alcalde, “Todas elas son actuacións necesarias en todas as parroquias, que van dende asfaltados, melloras da iluminación, obras de saneamento e humanizacións”.