RGPD - Cookies
Comarcas Vigo al minuto

Salceda emprega auga non potabilizada para o rego de espazos verdes e xardíns

O Concello extrema as medidas de aforro de auga potable

Salceda emprega auga non potabilizada para o rego de espazos verdes e xardíns

O Concello extrema as medidas de aforro de auga potable

A situación de seca é de máxima preocupación para o Concello de Salceda, que está realizar un control extremo do uso da auga potable da rede municipal, polo que ven de poñer en marcha un plan para manter regados os  espazos verdes e xardíns municipais con auga reutilizada e non apta para consumo.

Vixilancia extrema

Segundo explica a alcaldesa accidental, Loli Castiñeira, a seca persistente fai que o Concello tome medidas urxentes de aforro de auga e vixilancia extrema, e poña en marcha medidas para poder manter en estado aceptable as zonas axardinadas ou realizar baldeos urxentes, se fosen precisos.

Auga non potabilizada

De esa maneira botouse a andar un plan de emerxencia que permite o rego mínimo imprescindible de zonas verdes e xardíns do centro urbano con auga non potabilizada reutilizada da choiva e de manancial. Isto é posible coa colaboración do voluntariado de Protección Civil e da finca do Pazo de Pegullal, que permitirá usar un determinado número de litros de auga da súa balsa de aproveitamento, exclusivamente para estes fins.

Aproveitamento da auga da choiva

Loli Castiñeira quixo agradecer á propietaria da finca do Pazo, Charo Andrade, a rápida resposta á súa chamada, e destacou o exemplo de contar con unha poza con augas reutilizadas da choiva e manancial para rego como aposta dunha empresa agrícola moderna nun momento en que debemos ter a máxima conciencia medioambiental e un uso rigoroso da auga.

Tamén reflexionou sobre a necesidade de que o propio Concello poida dispor no futuro de algunha infraestrutura deste tipo que permita o uso da auga para fins distintos ao consumo humano a través de sistemas de aproveitamento de auga da choiva e escorrentías, como mínimo para veráns complexos como este.

Con todo e pesar de ser auga non potable e reutilizada, o Concello vai reducir a rega nun 50%, vixiando as zonas para evitar risco de perda dos espazos verdes.

Faise fincapé en que é preciso evitar que estes espazos se estraguen, evitando un gasto maior de recursos do Concello. “Con unha rega medida, mínima, e un uso axeitado neste momento, evitaremos danos maiores”, indica Castiñeira.

Así mesmo, o Concello pídelle á cidadanía que faga un uso responsable da auga.

También te puede interesar