Vigo al minuto

O sindicato médico O’Mega demanda a Xunta por «sobrecarga de traballo»

Ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

O sindicato médico O'Mega demanda a Xunta por "sobrecarga de traballo"

Ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia


O’Mega, sindicato maioritario médico de Galicia, presentou unha demanda no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) contra a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Trátase dunha demanda de conflito colectivo «pola situación laboral que sofren os facultativos da sanidade pública galega».

O dobre de pacientes que o establecido pola propia Xunta

Nun comunicado enviado á prensa, o sindicato subliña que «cada médico de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde (Sergas) atende diariamente unha media de 70 pacientes -con picos no verán de até 80 en zonas turísticas-, o que supón o dobre do establecido na normativa deseñada pola propia Xunta en 2021 para garantir unha asistencia sanitaria de calidade, que establece entre 32 e 40 pacientes o número máximo de consultas que debería realizar un médico en cada xornada laboral».

Risco de diagnósticos erróneos

Os representantes médicos alertan dos «prexuízos que se derivan, tanto para o persoal médico, onde a sobrecarga de traballo implica que se multipliquen as incapacidades laborais e o risco de emitir un diagnóstico erróneo, como para os usuarios da sanidade pública, que non reciben unha asistencia de calidade acorde cos estándares deseñados polo propio Goberno galego».

Vulnera a Constitución

Para o sindicato a actual situación de sobrecarga na Atención Primaria supón, ademáis, unha «vulneración» dos dereitos fundamentais de médicos e pacientes.

En concreto, Sanidade incumpre o artigo 15 da Constitución, que «protexe a integridade física e psíquica dos españois», e tamén o artigo 43 que consagra o dereito á saúde.

…e a lexislación laboral

Na mesma liña, a Xunta tamén incumpre a lexislación referente ao traballo. Neste sentido, os médicos apuntan a que «a actual situación laboral do persoal facultativo de Atención Primaria de Galicia pode definirse como a dunha inasumible carga laboral xeradora de dúas consecuencias prexudiciais fundamentais».

«A primeira, unha grave afectación de gran parte do persoal médico obrigado a traballar nesta situación de sobrecarga laboral que da lugar a unha sistemática fervenza de procedementos de incapacidade laboral transitoria con procesos de carácter psíquicos, pero tamén físicos».

Consecuencias para o enfermo

A ese feito súmanse as consecuencias para os enfermos «porque -continñua a demanda de O Mega- as excesivas e sobrecargadas axendas de pacientes impiden unha adecuada atención médica ante a inexistencia de tempos minimamente efectivos para poder efectuar, en gran parte dos casos, o correspondente estudo médico, diagnóstico e tratamento».

Na mema demanda, os médicos subliñan que súas as axendas de traballo tamén abranguen visitas a domicilio, reunións clínicas, investigación e urxencias.










Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.