Galicia Sucesos

Os incendios de Boiro, Caldas e Ponte Caldelas arrasaron xa 3.000 hectáreas

Queda desactivada a alerta por proximidade a casas no incendio de Ponte Caldelas

O lume arrasa xa 30 hectáreas en Ribadavia

Queda desactivada a alerta por proximidade a casas no incendio de Ponte Caldelas


A Xunta desactivou este domingo pola mañá a alerta por proximidade ás casas no incendio declarado o venres na parroquia de Xuntáns, no concello de Ponte Caldelas -que chegou a Pontevedra- e afecta a 380 hectáreas.

Ata o momento, as lapas arrasaron máis de 3.000 hectáreas nos tres grandes lumes que seguen activos á hora de escribir esta información: Boiro, Caldas e Ponte Caldelas.

‘Controlado’ o incendio de Caldas

Medio Rural informa de que esta ‘controlado’ o incendio que comezara na parroquia de Saiar, no concello de Caldas de Reis-que chegou ata Vilagarcía de Arousa-. Dacordo cos datos provisionais da Xunta, ata as 8 da mañá de hoxe arderon ao redor de 450 hectáreas.

Boiro, 2.200 hectáreas arrasadas

Dende a Consellería de Medio Rural aseguran que o lume que comezou na parroquia de Cures, en Boiro, «evoluciona favorablemente». O mesmo queimou 2.200 hectáreas, ata hoxe, chegando tamen a Ribeira e A Pobra do Caramiñal.




Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.