RGPD - Cookies
Galicia Vigo al minuto

Así será a ‘Noite branca’ de Vigo

Este venres, día 5

Así será a 'Noite branca' de Vigo

Este venres, día 5

A celebración da Noite Branca de Vigo será o venres 5 de agosto, estando abertos os museos dende as 20:00 horas ata as 2:00 da madrugada.

Con motivo desta celebración a cidade albergará unha ampla e variada lista de actividades de balde entre as que se inclúen: exposicións, visitas guiadas, concertos e obradoiros.

PAZO-MUSEO MUNICIPAL “QUIÑONES DE LEÓN”
Parque de Castrelos
Horario de apertura: de 20:00 ata as 02.00

Colección arqueolóxica.

Recreación do pazo galego e colección de pintura antiga e artes decorativas.

Visitas guiadas ao Pazo (20:00, 23:00, 24:00 e 01:00)

Visita-obradoiro da sala de arqueoloxía (20:00, 21:00, 22:00, 24:00 e 01:00)

Visita guiada aos xardíns históricos. 20:00. e terán unha duración estimada de 40-45 min
cada sesión. Grupos en galego e castelán.

Concerto no Adro de pedra xardín dianteiro: Grupo Marés Sonoras “Soños Ibéricos”:
21:00 h.

PINACOTECA “Francisco Fernández del Riego”
Rúa de Abeleira Menéndez, 8
Horario de apertura: de 20:00 ata a 02:00

Visita guiada da exposición “Francisco Fernández del Riego. Nos vieiros da arte
galega”: 21:00, 22:00, 23:00, 24:00 e 01:00

CASA DAS ARTES
Rúa de Policarpo Sanz, 15
Horario de apertura: de 20:00 ata a 02:00

EXPOSICIÓN “SOCIEDADE XXI” DE JUAN TEIXEIRA. Planta baixa.
22:00.- Presentación do catálogo da exposición a cargo de Juan Teixeira e posterior visita
guiada co artista. Non precisa inscrición previa

“COLECCIÓN LUIS TORRAS”. Exposición permanente. Planta segunda.

“FUNDACIÓN LAXEIRO”

Exposición permanente. Planta terceira. Visita guiada ás 21:00 e ás 23.00

Exposición temporal: “Laxeiro descoñecido II. Obras inéditas de segunda época”


CASA GALEGA DA CULTURA
Praza da Princesa, 2
Horario de apertura: de 20:00 ata as 02:00

  • “MUSEO FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO”. Exposición permanente.
  • “CADERNO GRÁFICO. EXPLORACIÓNS CON TÉCNICAS GRÁFICAS NO DESEÑO
    TÉXTIL”. Planta baixa. Promove: Universidade de Vigo
  • VERBUM
    Avda. de Samil, 17
    Horario de apertura: de 20:00 ata as 02:00
  • EXPOSICIÓN PERMANENTE. Visitas guiadas: 21:00, 22:00, 23.00, 24:00 e 01:00
  • VERBUM CREATIVO:
  • Obradoiro: THEREMIN, O INSTRUMENTO ELECTRÓNICO INTANXIBLE
  • Novo Obradoiro: ESCOITA ACTIVA, PAISAXE SONORA, RUÍDO…
  • Obradoiro: ANIMALIZA A TÚA ROUPA
  • Obradoiro: XORNALISMO GRÁFICO CREATIVO
  • CONCERTOS NA TERRAZA:
    22:00 h.- PABLO LESUIT.
    24:00 h.- SKARAJAZZ.
  • XACEMENTO ARQUEOLÓXICO
    CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO MUNDO ROMANO
    Vila romana de Toralla
  • Recreacións históricas do mundo romano.
    Pases: 20:00, 21:00, 23:00, 00:00 e 01:00
    Precísase inscrición previa no 010
  • FINCA SOLITA
    21:30 h. Apertura de portas
    22:00 h. Coñece Villa Solita e o Vigo do século XIX
    22:30 h. O ceo nocturno de verán

.
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Rúa do Príncipe, 54
Horario de apertura: de 20:00 ata as 02:00
Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade

  • EXPOSICIÓN FRANCISCO LEIRO. O antropomórfico, 1986-2022. Planta baixa.
    Visita guiada ás 20:00 e ás 22:00
  • EXPOSICIÓN ALFREDO ALCAIN. 1965-2021. Salas frontais, 1º andar.
    Visita guiada ás 21:00 e ás 23:00
  • EXPOSICIÓN IDOIA MONTÓN. A sete xanelas. Galería B1 e sala perimetral, 1º andar.
    Visita guiada ás 21:00 e ás 23:00
    MUSEO LISTE-Etnográfico de Vigo
    Rúa da Pastora 22
    Horario de apertura: de 20:00 ata a 01:00
  • ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
    20:00: “Xurdindo o fío”. Exhibición artesanal. 90 minutos. Sen reserva.
    20:00 e 21:00: Pases guiados á exposición temporal “CONVITE AO AVECER: de aires,
    doenzas e feridas”. 20 minutos. Sen reserva ata completar capacidade.
    22:00: Visita guiada á exposición permanente e á exhibición de seriados de debuxos
    humorísticos orixinais de Mariano Marcos Abalo. 60 minutos. Sen reserva ata completar
    capacidade.
    23.30: Visita guiada: “Do paínzo ao millo” e “Ancestros Tecnolóxicos”. 60 minutos. Sen
    reserva ata completar capacidade.
  • MUSEO DO MAR DE GALICIA
    Avda. da Atlántida, 160 (Alcabre)
  • Horario de apertura: de 20:30 a 00:00.- Entrada de balde dos 2 edificios principais (acuario
    pechado).
  • Visitas guiadas á exposición temporal “O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra”.
    21:00, 22:00 e 23:00.

SEDE AFUNDACIÓN VIGO
Policarpo Sanz, 2

  • Horario de apertura: de 17:30 ás 24:00.
  • Exposición “Sueño de navegante. Colección de arte cubana contemporánea de Luciano
    Méndez”. Entrada libre ata completar capacidade

También te puede interesar