Cultura Vigo al minuto

Música en galego este sábado no TerraCeo con ‘Ortiga’ e ‘Grande Amore’

Dende ás 21:00h. na terraza do Auditorio Mar de Vigo

Música en galego este sábado no TerraCeo con 'Ortiga' e 'Grande Amore'

Dende ás 21:00h. na terraza do Auditorio Mar de Vigo

O Festival TerraCeo regresa este sábado 30 de xullo ás 21.00 horas ao Auditorio Mar de Vigo coa gran festa da nova música feita en galego. A enerxía e a retranca de Ortiga e Grande Amore xuntaranse na espectacular terraza, para gozar e bailar durante a hora do solpor da música de dous dos artistas galegos do momento, imprescindibles na música galega actual.

Ortiga

Manuel González, ‘Chicho’, está ó fronte do proxecto Ortiga, marcado polo uso de secuenciadores, autotune e guitarra, fabricando un son de ritmos latinos, como o merengue, a cumbia e a salsa, dentro do marco da música urbana. Ortiga autodefínese como un renovador da verbena galega, e así o reivindica, con colaboracións como a que fixo recentemente con Pili Pampín. En TerraCeo presentará o seu último álbum ‘Sabes el camino que elegí’, cheo de letras que falan do amor e desamor e dos encontros que celebran a vida.

Grande Amore

Pola súa banda, Nuno Pico é o músico que se agocha tras o proxecto de Grande Amore, caracterizado polas bases electrónicas, guitarras e sintetizadores, mesturado con letras pegadizas e os efectos vocais á hora de cantalas. Grande Amore foi finalista este ano dos Premios da Música independente, MIN, ao Mellor Álbum de Música en Galego co, disco que presentará este sábado en TerraCeo.

Cancións como ‘Esta pena que a veces teño’, convertéronse en poco tempo en himnos coreados por unha xeneración coa que logra conectar o artista. Tanto Nuno Pico como Chicho, son coñecidos tamén por formar parte doutros proxectos colectivos. Nuno como voz da banda Oh’ Ayatollah e Chicho, como integrante de Boyanka Kostova.

Música en galego

A actuación de Ortiga e Grande Amore, enmárcase dentro da liña impulsada este ano polo festival TerraCeo, de aumentar a presenza de artistas que fan música en galego. No cartel desta edición tamén se atopan os nomes de Xisco Feijoó, Sés, Berto e Familia Caamagno ou A Banda da Loba.

Este último grupo, formado na súa totalidade por mulleres, actuará na seguinte fin de semana, o domingo 7 de agosto, e contará con numerosos convidados como Nastasia Zürcher, Eladio Santos, Patty Castro, Monoulious Dop e Margarida Mariño.

Nesa fin de semana, o vendes 5 de agosto, tamén será lugar a actuación de Anni B Sweet + Law, que no seu momento tivera que ser aprazada e que nesta ocasión acollerá tamén a celebración de ‘Solpor con burbullas’, organizado por Terrunho e onde se poderán degustar viños das bodegas Golpe a Golpe, Quinta das Bagueiras e Cazapitas e unha parte gastronómica da man de Niño Corvo.

Todas as datas dos espectáculos poden consultarse na web do Auditorio Mar de Vigo e na billetera www.teuticket.com 

Datas do Festival TerraCeo

Xullo:

30 de xullo – Ortiga + Grande Amore

Agosto:

7 de agosto – A banda da loba + Fillas de Cassandra

19 de agosto – Salvador Sobral + Abe rábade

27 de agosto – Delafé y las flores azules – Única data en Galicia

También te puede interesar