Cultura Vigo al minuto

Homenaxe de Nigrán a Domingo Villar cun roteiro sobre ‘A praia dos afogados’

Este mércores, día 27

O libro inédito de Domingo Villar, nas librarías o 13 de setembro

Este mércores, día 27

O Concello de Nigrán renderá homenaxe este mércores ao que considera o seu escritor Domingo Villar co roteiro literario ‘A praia dos afogados’, novela negra na que o municipio xoga un papel moi destacado. A mesma andaina repetirase o 31 de agosto e o Concello a incorporará aos seus roteiros habituais con material informativo específico. Os interesados deben presentarse con roupa e calzado cómodo ás 20:00 horas na Praia da Madorra.

O “mellor embaixador” de Nigrán

“Domingo Villar foi o noso mellor embaixador e queremos agradecerllo deste xeito a el e a todos os seus seguidores”, explica o alcalde, Juan González, quen incide en que non se trata da primeira vez que o Concello ofrece este roteiro, pero sí a máis emotiva ao ter falecido o seu autor inesperadamente o pasado mes de Maio.

A diferencia con respecto ás anteriores andainas é que, precisamente, os lectores serán os protagonistas puidendo participar lendo pasaxes do libro. “Cremos que é a mellor homenaxe póstuma que podemos ofrecerlle: manterio vivo o seu legado cultural en Nigrán a través da súa obra“, resume González.

Na Madorra, onde apareceu o corpo de Xoán Castelo

Os asistentes descubrirán e coñecerán os lugares nos que transcorre a trama do libro ‘A Praia dos Afogados’. Por iso se iniciará na Praia da Madorra, onde aparece o corpo sen vida de Xoán Castelo ‘O Rubio’, continuará no porto pesqueiro para coñecer un pouco a vida dos homes do mar, as embarcacións e edificios dos que Villar fai alusión no seu libro, e posteriormente, e tal como fixo Leo Caldas, os asistentes camiñarán ata o Templo Votivo do Mar, desde onde se dirixirán ao lugar onde aparece a barca afundida de Castelo, aos pés do Faro de Punta Lameda.

Lendo o libro

“Durante todo o roteiro iremos lendo pasaxes do libro, onde animaremos aos interesados a participar destas lecturas, vinculándoas a diferentes episodios, pero sobre todo, renderemos unha pequena homenaxe á memoria de Domingo Villar, asiduo visitante e persoa moi querida no noso Concello e que tanto promocionou nesta novela”, explica Rosa Leiro, a técnica de Turismo do Concello que elaborou a andaina e quen a guiará.

También te puede interesar