RGPD - Cookies
Galicia

Rueda pide «solidariedade» aos galegos para garantir as reservas de sangue

As doazóns ainda seguen baixas este verán

Rueda pide "solidariedade" aos galegos para garantir as reservas de sangue

As doazóns ainda seguen baixas este verán

O presidente da Xunta achegouse este mércores a doar sangue nunha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón
de Sangue
instalada en Miño.

Alí, Rueda, fixo un chamamento á solidariedade da cidadanía galega para garantir os bos niveis nas reservas do Centro de Transfusión de Galicia durante os meses de verán.

«Cando son máis necesarias»

Opresidente, acompañado do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, lembrou a necesidade de manter as boas cifras de doazóns tamén na época estival, cando é “máis necesario que nunca realizar un pequeno esforzo que vai ir en beneficio de todos”.

Segundo explicou, o obxectivo pasa por acadar unha media de 500 doazóns diarias, unha cifra “ideal” que achegaría “unha tranquilidade enorme” aos servizos sanitarios galegos. Os niveis nas últimas semanas estiveron baixos, roldando as 300, pero “estes días xa estamos en mellores números, chegando onte ás 500 doazóns”, afirmou.

Neste sentido, apelou “á solidariedade que temos especialmente en Galicia para manternos nesta cifra”.

Unidades móbiles da ADOS

As distintas unidades móbiles da Axencia Galega de Doazón de Sangue visitan nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.

Tamén se poden realizar aportacións nos puntos habilitados dos hospitais das sete grandes cidades galegas.

También te puede interesar