RGPD - Cookies
Galicia Vigo al minuto

Os encoros galegos nun 55% da súa capacidade

20 puntos por baixo da media da última década

A vaga de calor deixa os encoros galegos nun 55% da súa capacidade

20 puntos por baixo da media da última década

Os encoros galegos están a un 55% da súa capacidade media. Trátase dunha porcentaxe que sitúase 20 puntos por debaixo da media da última década- 73,9%-, segundo os datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Exactamente, as reservas hídricas de Galicia están en 2.043 hectómetros cúbicos embalsados, sobre os 3.714 hectómetros cúbicos da súa capacidade.

Galicia-Costa

A conca hidrográfica de Galicia Costa, na que se inclúe Vigo, conta con 450 hectómetros cúbicos embalsados da súa capacidade de 684, é dicir, o 65,8%.

Miño-Sil

A do Miño-Sil sitúase ao 52,6% da súa capacidade: conta con 1.593 hectómetros cúbicos embalsados, fronte aos 2.205 de media dos últimos dez anos.



También te puede interesar