Cultura Vigo al minuto

Este xoves saen á venda as entradas para o concerto de Tanxugueiras en Vigo

Actúan o día 30 en Castrelos e o 25 Luar na Lubre

Este xoves saen á venda as entradas para o concerto de Tanxugueiras en Vigo

Actúan o día 30 en Castrelos e o 25 Luar na Lubre

Este xoves sairán a venda as entradas para o concerto de Tanxugueiras en Vigo. As reservas terán un prezo de 5€ e servirán para o espazo que está máis preto do escenario.

O procedemento será o mesmo que o posto en marcha para o resto das actuacións deste verán: haberá 5.000 entradas que sairá á venda online e no Auditorio do Concello. Ás 10:00h. poderán comprarse 2.000 en Internet e 500 na billeteira da Praza do Concello; ás 17:00h. o mesmo: 2.000 on line e 200 no Concello, nos dous casos cun límite de 2 reservas por persoa.

Tanxugueiras actuará en Castrelos o sábado 30 de xullo e un día antes estará Love of Lesbian, que esgotou as entradas on line case inmediatamente.

Luar na Lubre, o luns día 25

Este mesmo mércores, deuse o pistoletazo de saída do Interfolc, que arrincará as actividades no Centro Cultural de Beade as 21:30 horas coa actuación da banda mexicana Fusión Folklórica e ca portorriqueña Guarionex.

O peche do festival producirase o día 25 de xullo no escenario principal do auditorio de Castrelos, no que participará a Banda de Gaitas Xarabal, que arrincará as 21:00 horas; dando paso o concerto de Luar na Lubre as 21:30 horas, ca posterior actuación do grupo vigués Batea.

También te puede interesar