Destacados Vigo al minuto

Denuncian a falta de citas presenciais para solicitar as becas de libros e comedor en Vigo

Dende o BNG piden ao alcalde que amplíe as citas ou prorrogue o prazo de solicitude

Dende o BNG piden ao alcalde que amplíe as citas ou prorrogue o prazo de solicitude

O Bloque Nacionalista Galego de Vigo denuncia a falta de citas presenciais para solicitar as becas para a compra de material escolar, libros de textos e comedores.

Dende o BNG reclaman ao goberno de Abel Caballero que amplíe o número de citas dispoñíbeis -tan só 30 diarias na actualidade- ou prorrogue o prazo para os trámites ante a preocupación e as numerosas queixas por parte de familias da cidade.

Sen ocos

“Hoxe xa non hai ningunha cita dispoñíbel e desde practicamente o inicio da convocatoria non había ocos para poder tramitar de forma presencial estas axudas que son vitais para cada vez un maior número de fogares”, lamentou o concelleiro do BNG de Vigo.

Xabier P. Igrexas subliñou que o prazo de solicitude conclúe o próximo 9 de agosto sen que moitas familias tiveran ocasión de obter aínda unha cita.

Sensibilidade

Igrexas pediu “sensibilidade” ao Goberno municipal para facilitar o acceso a estas axudas nun contexto marcado pola suba disparada da inflación e crecente empobrecemento. Unha situación de “emerxencia social” que, a xuízo do edil nacionalista, fai prever un incremento significativo das solicitudes con respecto a anteriores anos.

“As familias de Vigo non teñen a culpa de que esta convocatoria se tramitase cun mes de demora en relación ao pasado curso”, recriminou.

«Violencia administrativa»

O concelleiro do BNG cualificou de “violencia administrativa” a falta de citas presenciais, que empurra aos fogares a realizar o trámite por vías telemáticas.Non se pode obrigar ás familias a se relacionar por medios electrónicos co Concello de Vigo porque supón poñer atrancos a moitas familias que non teñen os medios ou os coñecementos para facelo”, criticou.

Xabier P. Igrexas matizou que esta reclamación para ampliar as citas ou o prazo de solicitude non pode supoñer un “impedimento” para que estas axudas sexan resoltas antes do inicio do vindeiro curso, tal como reclamaron desde o propio BNG nos pasados días. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.