Comarcas Vigo al minuto

Os 100 anos de Preciosa

En Tomiño hai preto de dez veciños que superan esta idade

Os 100 anos de Preciosa

En Tomiño hai preto de dez veciños que superan esta idade

A familia e amizades de Preciosa Franco Barreiro, veciña de toda a vida de Pazo, na parroquia de Barrantes, acompañaron á flamante centenaria nunha emocionada cerimonia de cumpre anos.

Rodeada dos seus fillos, Jose e Merche; netos (Gonzalo, Jose, Rubén e Ana María); e bisnetos (Noelia, Iker, Xavi e Emma) e demais familia, Preciosa soprou as velas coa axuda dos máis pequenos da casa.

Se non houbera traballado tanto, non estaría aquí

Preciosa, coma a gran maioría das mulleres do seu tempo, traballou duro ao longo da súa vida, coidando do campo os animais, a casa, segando a herba a man…criando aos fillos e axudando ao seu marido Luciano, que emigrou durante varios anos a Arxentina. “Se non houbera traballado tanto, non estaría aquí”, sentencia Preciosa, consciente do día tan especial que están a celebrar.

Xogando con bisnetos

Nos ratos libres, bordaba sabas e manteis con auténtica mestría. Hoxe, os achaques da idade, no lle permiten moverse moito aínda que a súa cabeza lle responde bastante ben”, Comenta a súa filla, Merche, que o pasatempo preferido da súa nai na actualidade, consiste, principalmente, en xogar e desfrutar da compañía dos seus bisnetos, especialmente de Emma, que vive na mesma casa e gusta moito de estar con ela.

Centenarios

Hai algunhas semanas festexaba o seu 103 aniversario Evangelina Vila Albores; outra das centenarias que viven en Tomiño, que son arredor dunha decena.

También te puede interesar