Galicia Vigo al minuto

As familias con nenos ata 12 anos poden solicitar o ‘Bono Coidado’

Para o pago dos Campamentos de Verán

Este martes ábrese o prazo para inscribirse nos 'Campamentos A Lanzada 2024'

Para o pago dos Campamentos de Verán

As familias con nenos de ata 12 anos poden solicitar o Bono Coidado para o pago dos campamentos de verán e outros recursos de conciliación. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, puxo en valor que a campaña de verán da Xunta para este ano é “a máis ampla e variada da historia ao contar con 10.800 prazas, en distintas actividades repartidas por toda a xeografía galega e destinadas a mozos de distintas idades.

A conselleira sinalou que, ademais de ofrecer alternativas de lecer e aprendizaxe non formal para a xuventude, os campamentos de verán permiten que as familias poidan compatibilizar a súa vida laboral e familiar durante as vacacións escolares.

Bono Coidado

Neste sentido, destacou que este pasado luns abriu o prazo para solicitar o Bono Coidado -que podes solicitar entrando aquí-, unha axuda directa para facer fronte aos gastos destes servizos ou doutros como ludotecas ou espazos infantís para nenos de ata 12 anos.

Ademais, esta axuda serve para contratar servizos de conciliación durante o resto do ano en caso de enfermidade do neno ou do coidador habitual, ou ante situacións imprevistas.

Prazo aberto ata o 30 de setembro

As contías ascenden a 500 euros por unidade familiar no caso de que sexa destinada á contratación dunha persoa empregada do fogar ou a 200 euros para a asistencia a un servizo de conciliación como é o caso dos campamentos de verán.

O prazo de solicitude destas axudas, que o pasado ano chegaron a 1000 familias, estará aberto ata o vindeiro
30 de setembro.

También te puede interesar