RGPD - Cookies
Destacados Vigo al minuto

A falla de sangue dos grupos A- A+ e O+ obriga a aprazar operacións en Galicia

O conselleiro de Sanidade doa sangue en Vigo para facer un chamamento á poboación

A falla de sangue dos grupos A- A+ e O+ obriga a aprazar operacións en Galicia

O conselleiro de Sanidade doa sangue en Vigo para facer un chamamento á poboación

O conselleiro de Sanidade doou sangue este sábado no Hospital Nicolás Peña, en Vigo, para facer un chamamento á importancia da doazón de sangue, fundamentalmente a aquelas persoas dos grupos A positivo, A negativo e 0 positivo.

Aprazadas operacións cirúrxicas

Julio García Comesaña apuntou que as reservas destes tres grupos están baixas en Galicia e pediu a participación nas campañas de doazón que realiza a Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).

O conselleiro engadiu que a falla de sangue destes tres grupos obrigou a aprazar determinadas intervencións cirúrxicas nas áreas sanitarias de Santiago e Vigo e subliñou que os centros sanitarios de Galicia necesitan entre 400 e 500 diarias.

As unidades móbiles da ADOS visitan, nestes días, moitos concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do labor asistencial nos hospitais e centros sanitarios.

.



También te puede interesar