Destacados Vigo al minuto

Reforzo dos buses de Vitrasa polas festas de Bouzas

Ademáis, o domingo, polos fogos, haberá un servizo especial

Reforzo dos buses de Vitrasa polas festas de Bouzas

Ademáis, o domingo, polos fogos, haberá un servizo especial

Con motivo da celebración das festas de Bouzas, este venres 15 e o sábado 16 de xullo Vitrasa habilitará un reforzo da liña nocturna (N1) para dispoñer dunha frecuencia de paso nesta fin de semana de 25 minutos (entre liña e reforzo).

Rutas e itinerarios

Os itinerarios a realizar serán os seguintes: N1 (Avda. Europa – Avda. Castelao – Pza. América – Camelias – Venezuela – Gran Vía – Urzáiz- Príncipe – Trav. Vigo – Buenos  Aires – S. Badia – G. Barbón – P. Sanz – V. Moreno – García Olloqui – Cánovas del Castillo – Beiramar – Gaiteiro Ricardo Portela – Torrecedeira – Praza Eugenio Fadrique – Tomás Alonso – Camilo Veiga – Avda. Atlántida – Avda. Samil.).

R1 (Camilo Veiga – Tomás Alonso – Pza. Eugenio Fadrique – Coruña – Camelias – Venezuela – Gran Vía – Urzáiz/Príncipe – Urzáiz – Trav. Vigo – Dr. Canoa (San Lourenzo) – García Barbón. Volta: García Barbón – Colón – Urzáiz – Gran Vía – Venezuela – Pza. do Rei – Camelias – Pza. América – Avda. Castelao – Tomás Paredes – Camilo Veiga).

Para acudir ás festas en horario diurno, os usuarios contan coas liñas da rede habitual con paso por Bouzas: C3, 10, 13, 15B, e 15C.

Fogos, domingo 17

Por mor dos fogos artificiais, o domingo 17 de xullo as liñas que teñen paso por Bouzas serán reforzadas. Co remate do espectáculo pirotécnico (a partir das 23:45h e ata as 01:00h.) disporase dun servizo especial que funcionará cunha frecuencia de 15 minutos co seguinte percorrido: Camilo Veiga – Tomás Alonso – Pza. E. Fadrique – Coruña – Camelias – Venezuela – Gran Vía – Urzáiz – República Argentina – García Barbón – Sanjurjo Badía – Buenos Aires – Trav. Vigo – Pizarro – Pza. España – Gran Vía.

También te puede interesar