Galicia Sucesos

Os máis de 5.000 raios caídos este xoves causan sete incendios que afectan a 416 hectáreas

Os máis graves en Carballeda de Valdeorras e Folgoso do Courel

Os máis de 5.000 raios caídos este xoves causan sete incendios que afectan a 416 hectáreas

Os máis graves en Carballeda de Valdeorras e Folgoso do Courel


Os máis de 5.000 raios que caeron sobre Galicia, durante as treboadas deste xoves, provocaron sete incendios forestais que afectan, ata o momento, a 416 hectáreas nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.

Lugo

Segundo a Consellería de Medio Rural, dende as 8 e media da tarde un incendio orixinado na parroquia de Vilamor, no concello de Folgoso do Courel, arrasou xa 92 hectáreas. No mesmo concello, na parroquia de Salceda, hai activo outro lume, dende as 2 da madrugada de hoxe, que afecta a 30 hectáreas.

Na parroquia de Outeiro, no concello de Quiroga, arderon dende onte ás 20:30h. 60 hectáreas e na Pobra do Brollón, outras 20 hectáreas.

Ourense

Está activo desde 10 e media da noite, un lume que arrasou 184 hectáreas na parroquia de Riodolas, no concello de Carballeda de Valdeorras.

Ás 7 da tarde comezou outro na parroquia de Xironda, no concello de Cualedro, que quedou estabilizado preto das 4 da mañá de hoxe e que queimou 30 hectáreas.

Polo que se refire aos incendios que comezadon o luns e o martes, todos están estabilizados: o da parroquia de Quins, en Melón que arrasou 50 hectáreas, e o de Ribadavia, que afecta a 65 hectáreas, dos que informou vigoalminuto.

Pontevedra

Está activo, desde 12 e mdia da noite de hoxe, outro incendio que queimou 27 hectáreas da parroquia de Baredo, en Baiona.

.

También te puede interesar