Deportes Vigo al minuto

Manuel Fernández, Isabel Gundín y Derick Rey, campións galegos de surf en patín

En categoría masculina, feminina e máster

En categoría masculina, feminina e máster

Vense de celebrar na praia de Pantín, ao abeiro do Abanca Pantín Classic Galicia Pro 2022 o Campionato Galego de Surf Open nas súas tres categorías: masculina, feminina e máster.

Tanto a categoría masculina e feminina contaron con dúas wildcards, o que daba acceso aos vencedores á segunda rolda do evento principal do Pantín Classic.

A pesares de que as ondas non alcanzaron gran tamaño -motivo polo que se suspendeu o Campionato Galego de Longboard-, a climatoloxía foi favorable nun día soleado e con moita afluencia de público.

Gañadores e gañadoras

Os gañadores foron en categoría masculina open, o oleirense Manuel Fernández; en categoría feminina open, a ferrolá Isabel Gundín e na categoría máster, o vigués Derick Rey.

Os surfistas que acadaron a wildcard para o Pantín Classic, ademais de Manuel e Isabel, foron o viveirense Samuel
Rodríguez e a coruñesa, Lola Bermúdez, que remataron en segunda posición. Todos os surfistas galegos non conseguiron clasificarse para a seguinte rolda, o que fala do gran nivel da proba celebrada en Valdoviño.

Adestramento Especializado

Cómpre destacar o bo nivel amosado polos rapaces do Núcleo de Adestramento Especializado da Federación Galega de Surf, co primeiro posto de Manuel Fernández e o terceiro posto da viveirense Claudia Prieto.

O campionato galego realizouse en colaborción co Abanca Pantín Classic Galicia Pro 2022 que cede o espazo á Federación Galega de Surf para a realización do Campionato.

O pasado domingo tamén se celebrou o campionato internacional de surf adaptado Abanca Pantín Classic 2022, no que o galego Pablo Cabezas acadou un segundo posto na categoría Visual 1.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.