Vigo al minuto

Médicos vigueses realizan o primeiro implante de válvulas tricúspide transcatéter no corazón

Evita os riscos dunha ciruxía a corazón aberto

Médicos vigueses realizan o primeiro implante de válvulas tricúspide transcatéter no corazón

Evita os riscos dunha ciruxía a corazón aberto

Os servizos de Cardioloxía e Cirurxía Cardíaca da Área Sanitaria de Vigo veñen de realizar, por primeira vez en España, implantes no corazón de válvulas  tricúspide transcatéter.

Polo de agora, xa levan tratado con este procedemento minimamente invasivo a dous pacientes, que  están  dados de alta e presentan unha evolución favorable.

Técnica pioneira

A nova técnica consiste en cambiar a propia válvula tricúspide do paciente, cando esta non realiza a súa función correctamente, por unha próteses valvular cardíaca, que se introduce por un catéter a través dunha punción da vena femoral.

Ata agora, os cambios destas válvulas realizábanse con cirurxía convencional; isto é, a corazón aberto, o que supón abrir o esterno e, moitas veces,  parar o corazón do paciente como na cirurxía extracorpórea.

Ciruxía de alto risco

Segundo afirma o cardiólogo Rodrigo Estévez “tratábase dunha cirurxía de alto risco, dado que xeralmente os pacientes son de idade avanzada, e chegaban nunha situación clínica desfavorable. Polo tanto, a insuficiencia de tricúspide era unha patoloxía infratratada. A nova técnica evita abrir o esterno e parar o corazón,  polo que é menos agresiva, máis segura, e con menos complicacións. En consecuencia, reduce dun xeito moi significativo as estancias hospitalarias dos pacientes e permite acelerara súa recuperación postoperatoria”.

Insuficiencia da tricúspide

A válvula tricúspide separa  o ventrículo dereito da aurícula dereita do corazón,  e regula  o fluxo sanguíneo  entre ambas cavidades. A válvula se abre para que o sangue pase,  e cando non pecha correctamente se produce regurxitación. Isto é, o refluxo do sangue que retrocede  cara ás veas principais en lugar de desprazarse adiante e chegar aos pulmóns para recoller osíxeno.

Ás veces, se esta insuficiencia é grave pode cursar con síntomas como cansazo, debilidade, inchazón de abdome, pes e nocellos, o cal limita de forma moi importante a calidade de vida dos doentes, ademais de impactar de xeito negativo na supervivencia dos mesmos.

Gran experiencia no Álvaro Cunqueiro

Con esta técnica  poderán beneficiarse  uns 10 doentes anuais no Álvaro Cunqueiro. “En xeral, neste hospital xa contabamos con gran experiencia nos implantes cardíacos transcatéter, polo que xa nos encontrabamos preparados e reuniamos as condicións e o nivel técnico requiridos para testar este novo procedemento. Estamos moi satisfeitos cos primeiros resultados e convencidos de que suporá un avance moi importante para os pacientes, porque agora podemos ofrecerlles un tratamento eficaz e seguro fronte a unha patoloxía que carecía dunha terapia axeitada. Asemesmo, estes dispositivos completan o abano doutras terapias transcatéter que o noso servizo ofrece no campo de patoloxía tricuspídea”, afirma o doutor Estévez 

Aínda hai pouca literatura científica sobre o recambio tricúspide transfemoral, xa que tense descrito poucos casos no mundo. Por eso, os especialistas do Álvaro Cunqueiro están preparando varios artigos para publicalos en revistas científicas da especialidade. Ademais, tamén iniciaron diferentes vías de investigación sobre este novo procedemento

También te puede interesar