Galicia Vigo al minuto

Este xoves, día 14, empeza a autocita de vacinación da COVID para primeiras doses

En Vigo será no Hospital Álvaro Cunqueiro de luns a venres

Maiores e pacientes de risco poden pedir cita dende este venres para a 4ª vacina da COVID

De adultos e nenos e recordo de 18 anos en adiante

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) terá dispoñible, a partir deste xoves, día 14, a autocita para vacinación da Covid das primeiras doses de adultos, así como das primeiras doses de nenos e nenas e recordo de 18 anos en
adiante.

A autocita poderá realizarse a través da web do Sergas ( www.sergas.es ), por medio da aplicación Sergas Mobil ou marcando o número de teléfono 881. 54 00 45.

SMS para confirmar a cita

No momento que unha persoa cumpla os criterios e entre en campaña, a Xunta enviaralle un SMS para indicarlle que xa pode pedir cita. Ademais, as sete áreas sanitarias do Sergas tamén as poderán citar activamente.

Xunto ao anteriormente sinalado, o Goberno galego lembra que segue a funcionar a entrada libre para vacinación da Covid.

Lugar e horarios de vacinación en Vigo

Os horarios dos puntos de vacinación en Vigo serán no Hospital Álvaro Cunqueiro, no caso dos adultos :de Luns a Xoves, de 09:00 a 14:00h. e os Venres de 15:30 a 20:00h; para nenos de 5 a 11 anos: os Martes de 09:00 a 14:00h. e os Venres de 15:30 a 20:00h.

Podes consultar todas as horas de todas as áreas sanitarias en : https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Vacinacion-Covid-OC

También te puede interesar