Galicia Vigo al minuto

O conselleiro de Sanidade pide “extremar as precaucións” ante o aumento de casos de COVID

Hai 830 persoas hospitalizadas con coronavirus e 14.800 casos activos

O conselleiro de Sanidade pide "extremar as precaucións" ante o aumento de casos de COVID

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, pediu este martes aos cidadáns “extremar as precaucións” ante o importante aumento dos casos de COVID en Galicia. Exactamente, hai 830 persoas hospitalizadas con coronavirus e preto de 14.800 casos activos.

García Comesaña, que hoxe falou sobre a falla de médicos na Atención Primaria, apuntou que levamos unhas semanas de “relaxación” e a mesma “xera o que xera”.

Por iso, además da precaución insistiu na conveniencia de vacinarse e pediu a quen non recibiu ainda a tercera dose, que acuda aos puntos de vacinación que hai por toda a xeografía galega.

También te puede interesar