O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, pediu este martes aos cidadáns «extremar as precaucións» ante o importante aumento dos casos de COVID en Galicia. Exactamente, hai 830 persoas hospitalizadas con coronavirus e preto de 14.800 casos activos.
García Comesaña, que hoxe falou sobre a falla de médicos na Atención Primaria, apuntou que levamos unhas semanas de «relaxación» e a mesma «xera o que xera».
Por iso, además da precaución insistiu na conveniencia de vacinarse e pediu a quen non recibiu ainda a tercera dose, que acuda aos puntos de vacinación que hai por toda a xeografía galega.
