Galicia Vigo al minuto

Catro novos traballadores incorpóranse ao persoal do Concello do Porriño

Reforzarán as áreas de emprego e formación, urbanismo e administración xeral durante un ano

Catro novos traballadores incorpóranse ao persoal do Concello do Porriño

Reforzarán as áreas de emprego e formación, urbanismo e administración xeral durante un ano

O Concello do Porriño contará durante un ano con catro traballadores máis no seu cadro de persoal que reforzarán as áreas de emprego e formación, urbanismo e administración xeral.

Todas e todos eles terminaron os seus estudos hai menos de tres anos e que se atopaban en situación de desemprego.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañado pola concelleira de Emprego e Formación, recibiunos no seu primeiro día de traballo para darlles a benvida e poñerse á súa disposición. “Esta é unha oportunidade para vós, xa que ides adquirir experiencia e coñecementos que de seguro vos servirán na vosa carreira profesional, pero tamén o é o Concello e para o Porriño”, afirmou o rexedor, “Sodes moi necesarios, así que benvidos e imos traballar en equipo”.

Graduados en Dereito, Educación Social e Psicoloxía

Trátase de dous graduados/as en Dereito, unha graduada en Educación Social e unha graduada en Psicoloxía contratados ao abeiro do programa da Deputación de Pontevedra “Primeira Experiencia Profesional” que ten por obxecto dotar ás persoas mozas desempregadas, mediante un contrato de traballo, dunha primeira experiencia para a adquisición de competencias e habilidades sociais e profesionais.

También te puede interesar