RGPD - Cookies
Galicia Vigo al minuto

O paro baixa en 42.209 persoas o mes de xuño, delas 5.188 en Galicia

No conxunto do Estado, o número de desempregados é o mási baixo en 14 anos

O paro baixa en 42.209 persoas o mes de xuño, delas 5.188 en Galicia

No conxunto do Estado, o número de desempregados é o mási baixo en 14 anos

O número de parados rexistrados nas oficinas de emprego de Galicia baixou o mes de xuño en 5.188, situándose en 140.932 persoas.

Comparando con 2021

Na comparativa con xuño de 2021, hai 16.786 parados menos en Galicia(-10,64%). Segundo os datos do Ministerio de Traballo e Economía Social, que dirixe a galega Yolanda Díaz, esta diminución é máis acusada na media estatal (-20,30%), cunha redución do paro en 733.757 persoas en so un ano.

No conxunto do Estado, o paro descendeu o mes pasado en 42.409 persoas (-1,4%), o que sitúa o número de desempregados en menos de 2,9 millóns, a cifra máis baixa en 14 anos.

También te puede interesar