RGPD - Cookies
Destacados Video

Centos de persoas rexeitan en Vigo a «masacre» de Melilla e esixen responsabilidades

Prestouse homenaxe ás vítimas mortais e aos centos de feridos

Centos de persoas rexeitan en Vigo a "masacre" de Melilla e esixen responsabilidades

Prestouse homenaxe ás vítimas mortais e aos centos de feridos

Centos de persoas atenderon este venres a chamada de asociacións, entidades e colectivos de persoas migrantes e antirracistas e organizacións sociais e concentráronse na Praza do Emigrante, en Vigo, para clamar contra a «terrible masacre» acontecida na fronteira de Melilla o 24 de xuño.

A mobilización coincidiu coas convocadas nas principais cidades galegas e de todo o Estado, para denunciar estes feitos que acabaron coa vida de 47 persoas, e esixir as máximas responsabilidades.

Na concentración leeuse un Manifesto unitario, prestouse homenaxa ás persoas asasinadas, amosouse o apoio ás súa familias e tamén aos centos de persoas feridas pola «brutalidade policial».

Demandas

As principais demandas recollido no Manifesto, remitido a diferentes responsables políticos, piden: una Investigación independente que esclareza as mortes ocorridas; así como, a reparación das vítimas (identificación, repatriación e información ás familias).

Esixe unha atención sanitaria de calidade e especializada ás persoas feridas, así como a finalización das devolucións en quente e derrogación, por parte dos grupos parlamentarios, dos rexeitamentos en fronteira na reforma da Lei de Seguridade Cidadá.

Tamén demandan a protección, garantía e mecanismos de vixilancia dos Dereitos Humanos en toda a Fronteira Sur, respectando os acordos internacionais, especialmente o Estatuto das Persoas Refuxiadas, e atendendo á particular vulnerabilidade das menores.

Asimismo insisten na necesidade de transparencia en relación coa “nova etapa” de asociación entre España e Marrocos, o establecemento de vías legais e seguras e derogación da Lei de Estranxería.

También te puede interesar