Cultura Vigo al minuto

Iggy Pop en Vigo, este verán

Dentro do Festival Latitudes do Xacobeo 21-22

Iggy Pop en Vigo, este verán

A lenda do rock Iggy Pop actuará en Vigo este verán dentro do ‘Festival Latitudes‘, organizado polo Xacobeo 21-22, e presentado este venres.

O mesmo terá lugar os días 19 e 29 de agosto no Peirao de Transatlánticos, e súmase a C Tangana (23 de agosto) e Muse (8 de setembro).

Two Door Cinema Club, Mando Diao e The Vaccines

‘Latitudes’, que celebrou a súa última edición no ano 2016 en Compostela, traerá á cidade a algúns dos principais referentes da música rock do panorama internacional. Empezando polos irlandeses Two Door Cinema Club, sen esquecernos dos suecos Mando Diao ou a banda británica The Vaccines, ademáis de Iggy Pop.

Bandas galegas

Os grupos galegos non faltarán, por iso, o seu cartel complétano varias bandas da mesma cidade de Vigo. Entre os invitados a esta cita estará a banda viguesa Aphonnic, que tocarán o seu metal alternativo, os pontevedreses Furious Monkey House, o trío de blues cósmico, e tamén vigués, Zålomon Grass, e o dúo grunge galego Bala.

Xa á venda

Os abonos estarán á venda en ataquilla.com este venres 1 de xullo ás 12:00h. con catro tramos de prezos diferentes: 35€, 40€, 45€ e 50€.

También te puede interesar