Comarcas Vigo al minuto

Covelo mellora a pista deportiva de Pazos que contará cun parque infantil e zona biosaludable

O Concello investirá preto de 45.000€

O goberno municipal de Covelo executará o proxecto de mellora da pista deportiva de Pazos que contará na súa contorna cun parque infantil e cunha zona biosaludable.

650 metros cadrados

Este proxecto contempla actuar nunha superficie total de  650 m² na que se procederá á mellora da superficie da pista eliminando os resaltos existentes, á reparación dos bordos, limpeza e pintado da pista ademais de dotala dos equipamentos deportivos como canastas e porterías multideportes.

Tamén se colocará unha rede protectora nas cabeceiras da pista para evitar a perda de balóns e dotarase a zona dun espazo de lecer para cativos e cativas cun parque infantil. Este espazo para o xogo infantil terá xogos diversos e estará perimetrado por un valo de madeira que substituirá á actual varanda de tubo de aceiro.

Elementos biosaludables

Co obxectivo de fomentar hábitos de vida saudable e ofrecer á veciñanza espazos agradables para a convivencia, instalarase tamén tres elementos biosaludables para que os maiores poidan exercitar o seu corpo. O orzamento total será de 44,969.76€ que afrontará o Concello con fondos propios a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

«Espazos e servizos públicos de calidade»

O alcalde, Pablo Castillo, explica que esta obra está enmarcada na estratexia de mellora e oferta de espazos e servizos públicos de calidade co obxectivo de que a veciñanza atope na súa contorna o necesario para o seu día a día e pór en valor a vida no rural.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.