Destacados Vigo al minuto

Este venres xa se poderán pedir as axudas de 250€ do ‘Bono Alugueiro Mocidade’

Para persoas de entre 18 e 35 anos que non gañen máis de 24.318,84€ ao ano

Este venres xa se poderán pedir as axudas de 250€ do 'Bono Alugueiro Mocidade'

A Xunta abrirá a partir deste venres, 1 de xullo, o prazo para poder solicitar as axudas de 250 euros ao mes do Bono de alugueiro mocidade.

Para persoas de entre 18 e 35 anos

Trátase dun programa que se convoca este ano por primeira vez e está dirixido a facilitar ao colectivo de entre 18 e 35 anos o pago da renda da súa vivenda habitual.

Así o explicou hoxe en Noia a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, no marco dun dos encontros informativos #ConstruíndoFogar organizados polo seu departamento e cos que percorre diferentes comarcas galegas.

150 millóns

Vázquez subliñou a oportunidade que suporán a trintena de programas deste ano, poñendo á disposición de particulares, entidades locais e promotores máis de 150 millóns de euros para actuar no eido residencial.

Neste sentido a responsable autonómica aproveitou a súa intervención para animar aos asistentes a aproveitar o orzamento dispoñible e apoiar tamén á Xunta na súa difusión, co fin de garantir que cheguen ao maior número posible de beneficiarios e incidindo, sobre todo, naqueles programas de especial interese para esta comarca.

Ao respecto, referiuse á inminente convocatoria do novo Bono alugueiro mocidade, que sairá publicado no DOG este xoves e se poderá solicitar a partir do día seguinte.

Ingresos anuales inferiores a 24.318,84€

Cun orzamento total de 22,8 millóns de euros a dividir entre este ano e 2023, a conselleira explicou que os inquilinos menores de 36 anos, con ingresos regulares e que non superen os 24.318,84€ poderán acceder a unha axuda mensual de 250€ —sempre que esta contía non supere o importe do arrendamento— durante un período de 2 anos.

3.800 benefiarios

Tras enmarcar esta nova medida, coa que se espera chegar a ao redor de 3.800 mozos galegos, Ángeles Vázquez subliñou que no mes de xullo tamén se convocará o bono de alugueiro social, un programa dirixido aos colectivos máis vulnerables da Comunidade.

Ademais, por primeira vez, explicou que se prevé a posibilidade de incrementar nun 20% o importe máximo da renda de alugueiro, e polo tanto, do bono —ata chegar aos 660 euros mensuaiscando a unidade de convivencia estea composta por 5 ou máis persoas.

Tamén se aplicará esta mesma porcentaxe se un dos membros da unidade familiar precisa dunha vivenda adaptada.

También te puede interesar