Cultura Destacados

A Orquestra Clásica de Vigo, este domingo no Casco Vello

Ás 13h. diate da Colexiata, se chove o concerto será ás 13:30h. dentro da igrexa

A Orquestra Clásica de Vigo, este domingo no Casco Vello

A Orquestra Clásica de Vigo conmemora o Día Europeo da Música este domingo 26 de xuño, ás 13 horas, na Praza da Igrexa (Casco Vello), recuperando así o espazo tradicional para celebrar esta efeméride.

A Clásica volve ao casco vello para levar a súa música aos pés da Colexiata, retomando así unha tradición con máis de trinta anos de historia. En caso de chuvia, o concerto trasladaríase ás 13.30 horas no interior da igrexa.

Tres pezas

O programa do concerto está composto por tres pezas: Concerto violín mi m op. 64 (II movemento), de F. Mendelssohn; Adiós a la Alhambra, de J. de Monasterio; e Doble concierto, de G. Holst. Baixo a dirección de Manuel Martínez Álvarez-Nava, as tres mulleres solistas serán Navia Núñez, Paula Gómez e Iria Pérez.

Entrada libre

O xa clásico concerto anual do Día Europeo da Música é unha conmemoración que busca compartir o amor pola música nunha xornada festiva aberta á cidade na que non importan as etiquetas. Coa colaboración do Concello, a Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra, a Clásica propón este evento como unha cita para que a cidadanía acceda e goce da escoita e práctica desta arte en directo. A entrada será libre e de balde.

También te puede interesar