Galicia Vigo al minuto

San Xoán: a sardiña entre os 6 e os 9€ o quilo

Hai abundancia de peixe, ainda que o normal é que o prezo suba ao longo da mañá

San Xoán: a sardiña entre os 6 e os 9€ o quilo

Non hai problema de suministro de sardiñas para este San Xoán. Hai abundancia de peixe e o seu prezo, nas pescaderías oscilaba, esta mañá, entre os 6 e os 7,5€ o quilo…aínda que o normal e que suba algo ao longo do día.

Tamén podes facer o teu pedido por Internet…aínda que o prezo, este xoves, nalgún dos distribuidores era xa de 9€ e preto das 09:00h. había outras firmas que o servían a 12€.

O aumento dos prezos da sardiña horas antes de San Xoán é xa un ‘clásico’ nestas datas, e non sería nada raro atopar a quen pague preto do mediodía “3 ou 4 euros máis, porque xa irá quedando menos”, comentanos una vendedora.

Os prezos en Vigo son semellantes a outros lugares de Galicia, como A Coruña, Santiago- onde o quilo estaba en 7€ a primeira hora- ou Lugo, onde chagaba a 8.

También te puede interesar