“Unha humanización de altísimo standing”. Así cualificou o alcalde a primeira fase da humanización da rúa Romil, entre o cruzamento coa rúa Feliciano Rolán e a rúa Ourense.
5 meses
As obras abranguen a renovación de pavimentos e redes de subministración, a instalación de novas luminarias, xardineiras e mobiliario. O prazo estimado de execución é de 5 meses e conta cun orzamento de 1.230.000 euros.
Pavillón
Estes traballos, apuntou Abel Caballero, coinciden coa entrada en funcionamento do pavillón da rúa Romil, polo que, segundo expuxo, comezará a traballarse nesa zona e “continuaremos humanizando o resto da rúa”.