Sin sección

Veciños de Teis colocan ‘aseos simbólicos’ na ETEA para denunciar un “problema de hixiene”

Demandan os mesmos a Xunta y Concello

Veciños de Teis colocan 'aseos simbólicos' na ETEA para denunciar un "problema de hixiene"

Integrantes da xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis, colocaron,  simbólicamente, este martes a replica duns aseos na praza para denunciar o abandono da ETEA.

O acto serviu para “demandar, unha vez máis, á Xunta de Galicia e do Concello de Vigo, unha resposta a demanda desde hai anos, de dotar aos terreos da ETEA duns aseos públicos“.

Moito público e sen aseos

No período de verán son moitas as persoas que se achegan aos terreos da ETEA, para poder gozar deste espazo en contacto coa ría, “pero carecemos dun simple aseo, xerando un problema de hixiene“, apuntan os veciños.

A asociación subliña que “isto non queda só na falta duns aseos, levamos agardando 4 anos, pola anunciada construción da residencia para maiores, que seica vai realizar a fundación Amancio Ortega, pero aínda non se colocou nin a primeira pedra”.

Mellora espazos públicos

Tamén, é necesario mellorar os espazos públicos na beiramar ( parque público peirao e paseo marítimo) cada un destes espazos presentan deficiencias, non hai papeleiras no peirao e no paseo marítimo, as pistas deportivas do parque están deterioradas, hai mellorar o mantemento do espazos verdes, ebtre outras.

Por último, a asociación veciñal estima necesaria unha coordinación entre a Xunta e o Concello para o desenvolvemento dos terreos da ETEA, despois de case 20 anos da saída dos militares.

También te puede interesar