Cultura Vigo al minuto

Últimos días para inscribirse nos ‘Laboratorios de Verán’ da Clásica de Vigo

Terán lugar na EMAO de Vigo en horario de mañá durante o mes de xullo

Últimos días para inscribirse nos 'Laboratorios de Verán' da Clásica de Vigo

Están dirixidos a rapaces e rapazas entre 10 e 16 anos

A Orquesta Clásica de Vigo celebra os Laboratorios de Verán o vindeiro mes de xullo na cidade. Os dous laboratorios abordarán a orquestra como concepto creativo e transversal e están dirixidos a mozos e mozas de entre 10 e 16 anos.

Laboratorio de Son

O primeiro será un laboratorio de son, que funcionará a modo de micro-residencia de base artística-tecnolóxica. O segundo será o laboratorio de orquestra, unha experiencia orquestral aberta que busca achegar esta práctica a novos talentos.

Para participar no mesmo non é preciso ter formación musical, celebrarase do 4 ao 15 de xullo, de luns a venres e en horario de mañá (10 a 14h h). En dúas semanas, a actividade busca xerar unha micro-residencia na que os participantes experimenten coa música e o son a través de instrumentos insólitos e das novas tecnoloxías. Hai 30 prazas e o prezo total é de 160 euros.

Laboratorio de Orquestra

Terá lugar do 18 ao 22 de xullo, tamén en horario de mañá (10 a 14h). O obxectivo deste é transmitir unha visión aberta da orquestra para fomentar a participación dos máis novos nun proceso de colaboración como é a práctica grupal.

Cun formato de orquestra de corda, o repertorio abordará a diversidade e dinamismo dunha orquestra. En canto ás prazas ofertadas, destacan 6 ou 10 violíns primeiros, 6 ou 10 violíns segundos, 4 ou 6 violas, 6 ou 8 violonchelos e 3 ou 5 contrabaixos. Non obstante, poderanse realizar solicitudes de vento madeira, vento metal e percusión. O prezo da semana é 80 euros.

Reservas de prazas

A Clásica mantén aberta a inscrición ata esgotarse as prazas dispoñibles. A reserva pode facerse a través deste formulario. Para máis información, pódese chamar ao teléfono 604063919.

También te puede interesar