Deportes Vigo al minuto

Pechan a piscina municipal do Porriño logo de detectarse contaminación da auga

O COncello agarda reabir en 48 horas

Pechan a piscina municipal do Porriño logo de detectar contaminación da auga

A Concellería de Deportes do Porriño procedeu ao peche temporal da piscina municipal, dende este mércores, para subsanar unha contaminación das augas detectada nun dos controis rutinarios e obrigatorios realizados na mañá de hoxe.

Os mesmos arroxaron baixos niveis da bacteria E.coli polo que, por precaución tal e como marca a normativa sanitaria, as instalacións permanecerán pechadas para seguridade dos bañistas e para realizar ao tratamento da auga.

Abrir en 48 horas

Agora mesmo, aplícase un tratamento de choque leve, e agardase que a piscina poida abrir en 48 horas. Unha vez realizado, farase unha nova analítica para asegurar que os niveis volven á normalidade antes de reabrir as instalacións.

También te puede interesar