Sin sección

Galicia contará con 37.588 prazas en 1º de FP o próximo curso

A FP ordinaria ten unha inserción laboral do 80%

Galicia contará con 37.588 prazas en 1º de FP o próximo curso

O presidente da Xunta avanzou este luns o reforzo da Formación Profesional Dual de cara ao vindeiro curso académico, co aumento nun 20% máis os ciclos e outro 25% adicional o número de prazas.

1.700 máis

Alfonso Rueda adiantou que haberá 37.588 prazas en primeiro curso en centros con fondos públicos, o que supón 1.700 máis que o ano pasado, e un 52% máis que hai unha década.

Desas prazas, 26.400 son para os ciclos ordinarios, cunha vintena de incorporacións; 4.400 no réxime de persoas adultas e cinco ciclos máis; 4.300 na FP a distancia, tamén con once ciclos a maiores e un 18% de aumento; 680 prazas en másteres de FP e nove másteres que se estrean; e un total de 1.800 prazas en FP Dual, onde se ofrecerán 119 proxectos a través de 56 titulacións diferentes.

Inserción laboral do 80% na FP ordinaria e case pleno emprego na FP Dual

Rueda salientou que hai un 70% máis de matriculados que en 2009, e destacou unha inserción laboral inapelable, que se sitúa por riba do 80% na FP ordinaria e chega case o pleno emprego na FP Dual.

O presidente salientou a relevancia da Formación Profesional Dual, que mestura os contidos coa aprendizaxe práctica na empresa. “Todos sabemos que o futuro é cambiante, pero na FP é Dual”, afirmou, e destacou que así o interpreta tamén o tecido produtivo, con máis de 800 empresas que colaborarán en ciclos de FP Dual.

Estratexia FP Galicia 2030

Esta nova oferta presentada hoxe responde ao desenvolvemento da Estratexia de FP Galicia 2030, dotada de 900 millóns de euros ata o vindeiro ano 2024.

Na súa intervención, o presidente Rueda referiuse ao desenvolvemento dos 24 Centros Integrados de excelencia que hai en Galicia, ao que se lle sumará, no vindeiro ano, o CIFP Fermín Bouza Brey, en Vilagarcía de Arousa, especializado en Electrónica, Mantemento de vehículos, Comercio ou Industrias Alimentarias, entre outros.

También te puede interesar