RGPD - Cookies
Comarcas Vigo al minuto

A praia de Maceira, en Covelo, obtén a ‘excelencia’ na calidade das súas augas

Este verán volverá a poñer o cartel de “praia sen fume”

A praia de Maceira, en Covelo, obtén a 'excelencia' na calidade das súas augas

A Consellería de Sanidade vén de comunicar ao Concello de Covelo que a calidade das augas de baño da praia fluvial de Maceira recibiu, de novo, a cualificación de “excelente”.

Praia sen fume

Ademais, a praia de Maceira volverá estrear tempada estival como “Praia sen fume”, co obxectivo de protexer ás persoas dos prexuízos que ten para o tabaco para a súa saúde.

O goberno de Covelo segue apostando pola promoción de hábitos de vida saudable, respecto ao medio ambiente e a oferta de espazos públicos de calidade, de acordo cos compromisos adquiridos no Pacto das Alcaldías e en consonancia cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

Zona de descanso, lecer, deporte e camping

A praia de Maceira é un espazo de lecer de máis de catro hectáreas e media. Esta praia é un dos principais atractivos turísticos do concello sendo un dos espazos máis visitados.

A praia fluvial, unha ampla zona verde para o descanso, mesas e asadores, aseos públicos, un cámping, restaurante no que gozar da boa gastronomía local, quiosco, área lúdica e deportiva e aluguer de xogos acuáticos son algúns dos servizos que se poden atopar.

O río Tea

O río Tea nace na serra do Suído, no concello de Covelo, e desemboca no Baixo Miño, no concello de Salvaterra. No seu camiño, pasa polos concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario e Ponteareas.

No concello de Covelo, o río aínda se atopa no seu tramo medio-alto e as augas son cristalinas e ben osixenadas. O río Tea é especial porque é un dos ríos mellor conservados do sur de Galicia en canto ás súas augas, ás súas ribeiras e á súa continuidade. Como hábitat acuático, sostén unha das comunidades de peixes máis diversas de Galicia.

También te puede interesar