RGPD - Cookies
Cultura Vigo al minuto

A Orquestra Clásica de Vigo pecha a tempada coa versión soviética de ‘Carmen’

Este jueves, 9 de junio, en el Teatro García Barbón

A Orquestra Clásica de Vigo pecha a tempada coa versión soviética de 'Carmen'

A Orquesta Clásica de Vigo pecha este xoves, 9 de xuño, a temporada Correspondencias cun concerto para descubrir unha incrible revisión soviética da Carmen de Bizet, realizada polo por Rodión Shchedrin. A cita coa formación é o 9 de xuño, ás 20.30 horas no Teatro García Barbón.

Rodión Shchedrin

Rodión Shchedrin realiza a versión da Suite de Carmen en 1967 baixo o encargo da súa muller, a bailarina do ballet Bolshoi Maya Plisétskaya, e o coreógrafo cubano Alberto Alonso. O soviético é un dos compositores e instrumentadores máis destacados da segunda metade do século XX e na obra buscaba ofrecer unha visión vangardista do clásico, transformando unha ópera fundamental do século XIX nun ballet con sonoridades propias do século XX, sen distorsionar a súa esencia.

A Carmen de Shchedrin é unha obra única que recolle a esencia, forza e xenialidade de Bizet sen renunciar á modernidade e ao tempo propio nun sorprendente exemplo de creatividade, na que as famosas melodías son diseccionadas e reconstruidas de diversas e sorprendentes maneiras. «O ciclo Correspondencias busca mostrar a conexión constante entre artistas e obras de distintos tempos, demostrando a vixencia das pezas clásicas na actualidade. Carmen é un exemplo único e, posiblemente, difícil de repetir na nosa cidade», comenta Manuel Martínez, director técnico da Clásica.

Sección de percusión ampliada

A principal característica da obra de Shchedrin radica na súa instrumentación. A peza de Shchedrin agocha unha complexa estrutura moderna liderada pola sección de percusión. Así, no concerto da Clásica, un quinteto de percusión asumirá o rol de solista baixo o concepto de sección de percusión ampliada.

O quinteto está formado polos músicos Andra Agra, Carlos Castro, David Rodríguez, Héctor Varela e Pablo Soto, que levarán o peso melódico do concerto empregando ata 47 instrumentos de percusión diferentes que golpearán, axitarán ou rasparán.

Venda de entradas

As entradas están á venda en Ataquilla.com. O prezo para menores de 16 anos será de 5 euros co obxectivo de promover a asistencia do público familiar aos concertos. Ao mesmo prezo tamén estarán dispoñibles para menores de 30 anos na billeteira do teatro antes do concerto.

También te puede interesar