Destacados Sucesos

Vigo: aumenta o número de casos de violencia machista entre menores de idade

O número de agresións é seis veces maior que o ano pasado

Vigo: aumenta o número de casos de violencia machista entre menores de idade

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, mantivo onte en Vigo unha reunión de traballo e coordinación coa delegada do Goberno contra a Violencia de Xénero, Victoria Rosell, e coas xefas das Unidades sobre Violencia contra a Muller das catro Subdelegacións provinciais.

No encontro deulle traslado dos datos a nivel provincial desta lacra social correspondentes aos cinco primeiros meses do ano.

O dobre de menores vítimas de violencia machista nun ano

A subdelegada do Goberno mostrou preocupación polo aumento dos casos de violencia machista entre a poboación máis nova. Concretamente, adiantou que no que vai de 2022 se rexistraron no sistema Viogén 6 casos nos que os autores foron menores de idade, mentres que no mesmo período de 2021 só se tiña rexistrado un caso. Ademais, déronse de alta outras 6 vítimas de violencia machista menores de 18 anos entre xaneiro e maio, o dobre que no mesmo período do ano pasado. En total, hai actualmente 9 vítimas menores en seguimento no sistema VioGén.

Máis de 1.300 casos de violencia machista na provincia de Pontevedra

A subdelegada tamén informou de que en toda a provincia hai actualmente un total de 1.324 casos activos de violencia de xénero en seguimento no sistema VioGén, con 1.295 vítimas e 1.294 autores.

También te puede interesar